Lía

Poesía, nena, parque, vídeo, cor, auga, sol. Esta videocreación, creada para o concurso “Curtas para Rosalía” da Asociación Pedagóxica Galega, fíxose nunha mañá de outono nun dos nosos rincóns favoritos da Coruña, o Parque de Méndez Núñez.

Dende ese día tamén hai unha nova persoa favorita na nosa vida, Xiana, a pequena protagonista desta pequena peza que agardo vos faga disfrutar un ratiño. Ou polo menos que podades mirar, así, de esguello, nese oco da memoria que ocupa a nosa infancia e os contos que nos cantaron.

Advertisements